Alguien va a hacer prácticas de 1º? - COM_KUNENA_PAGES 2 - Foro Ambientales UNED
FacebookTwitterLinkedInRSS Feed
× Foro para temas relacionados con el centro asociado de Pontevedra.

Alguien va a hacer prácticas de 1º?

COM_KUNENA_USER_PROFILE_BUTTON_LABEL_MORE
8 años 10 meses antes #8889 por Martim
COM_KUNENA_MESSAGE_REPLIED_NEW
Perdoa a tardanza... non paso pola páxina tódolos días.

Pois a UNED é unha carreira de fondo, hai que ter paciencia e costancia.

A maioría dos alumnos da UNED é xente que traballa, e por iso escolle estudar a distancia. Seguro que tamén os hai que se dedican só a estudar a carreira, pero aínda non coñecín a ningún en persoa.

O tempo que podes tardar en rematar a carreira vai variar segundo o tempo que lle podas dedicar ao día e as túas capacidades.

Eu por exemplo, saqueime unha media de 40-45 créditos ao ano traballando a xornada partida nun horario bastante malo no que saía as 20 h do traballo. Eu non tería sido capaz de sacar un curso por ano, sin embargo si que coñezo xente que sacou 60 ou algún crédito máis nun ano.

O meu consello é que o primeiro ano non collar moitas asignaturas, xa que tes que acostumbrate á metodoloxía da UNED, e se colles moitas, igual suspendes moitas, desmotívaste, e deixas a carreira.

Se colles poucas e as aprobas, vaite motivar moito e ademáis xa vas ter un criterio propio para saber cal é o nº de créditos aproximados que te ves capaz de sacar tendo en conta as horas que lle podas dedicar.

Se tes máis dúbidas, pregunta.

Un saúdo.

Presidente - Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Please Identificarse or Crear cuenta to join the conversation.

COM_KUNENA_USER_PROFILE_BUTTON_LABEL_MORE
8 años 10 meses antes #8897 por agarcia4527
COM_KUNENA_MESSAGE_REPLIED_NEW
Hola, e graciñas por contestar unha vez máis.

Como xa dixen nalgunha mensaxe estaba super ilusionada con esta carreira, xa levo dende o 2006 con ganas de matricularme pero por falta de tempo e "medo" funo deixando.
O final este ano matriculeime a última hora e coma sempre as cousas a correr nunca saen ben. Dentro de un mes, máis ou menos, quedo no paro e iso doume ánimos e pensei que tendo máis tempo podria matricularme de todas as asignaturas de primeiro, non sei en que estaba pensando. Debinme creer superwoman ou algo así. E iso que tuven ata o 3 pa modificar a matrícula pero o único que fixen foi deixar física, (que xa é bastante).
As do primer cuatrimestre gústanme moito e espero ter "sorte" e entendelas ben. Penso ir as tutorias.
Espero encontrarte algún día por ahí, porque xa vexo que participas activamente en charlas, e interésache o tema. A min tamén. Tamén espero relacionarme algo máis cos compañeiros da carreira que sempre é interesante pa andar máis o día.

Un saúdo.

Please Identificarse or Crear cuenta to join the conversation.

  • Laura Pérez
  • Avatar de Laura Pérez
  • DESCONECTADO
  • Usuario senior
  • Usuario senior
  • solo los peces muertos siguen la corriente del rio
COM_KUNENA_USER_PROFILE_BUTTON_LABEL_MORE
8 años 10 meses antes #8904 por Laura Pérez
COM_KUNENA_MESSAGE_REPLIED_NEW
bueno, pois eu tamén estou ainda que pouco, teño que recoñecer que vou pouco polo centro asociado, e máis, este ano que collín un número de créditos que da vértigo,non podo perder moito o tempo e pasarei por ali para facer exámenes e pouco máis, estou polo plan antiguo pero se algunha vez precisas algo, ti pregunta que se te podo solucionar algo aqui estou ;)

Please Identificarse or Crear cuenta to join the conversation.

COM_KUNENA_USER_PROFILE_BUTTON_LABEL_MORE
8 años 10 meses antes #8905 por Martim
COM_KUNENA_MESSAGE_REPLIED_NEW
Ola de novo,
agarcía, non te agobies moito, ao mellor estando no paro sí que sacas ben o curso, e tamén ten enconta que existe setembro, que pode ser considerado como un cuatrimestre máis á hora de repartirte as materias e estudar.

En calquera caso, non te desanimes, o primeiro ano sempre é o máis dificil, xa que ademáis de estudar tes que familiarizarte coa UNED.

Como ves, este foro de Pontevedra non está moi animado, pero é que pasa como cando saes a tomar unhas cañas e entras nun bar vacío: prefires ir a outro con máis ambiente e máis xente, así que seguide aparecendo por aquí, que xa se irá unindo a xente.

Xa andamos Laura, tí máis eu, así que como o Xabarín Club: cada día somos máis.

Saúdos.

Presidente - Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Please Identificarse or Crear cuenta to join the conversation.

Tiempo de carga de la página: 0.644 segundos
Gracias a Foro Kunena